Tuesday 17 de September de 2024

Gonzalo Muíños alerta da fractura dun poste na rúa de Vista Alegre e reclama solucións


Segundo o portavoz socialista existe preocupación entre a veciñanza da zona por risco de que este remate caendo xa que a fractura atópase na base mesma da columna de madeira.

A situación dun poste de madeira na rúa de Vista Alegre está a espertar certa preocupación entre a veciñanza da zona. O mo;vo: unha fractura do mesmo na súa base da que xa foi alertada a Policía que acudiu á zona e chegou a levantar parte ante a denuncia das veciñas e veciños. Unha situación da que se fixo eco este mércores o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gonzalo Muíños, que reclamou unha solución inmediata ante unha situación que definiu como “preocupante”.

Muíños, aínda que recoñece que o poste da luz é de Fenosa, reclámalle ao goberno local que “tome cartas no asunto” e lle esixa á empresa a súa subs;tución, toda vez que “pode supor un perigo, xa non só para os peóns que pasen pola zona, senón para os propios vehículos que circulan por esa rúa tan transitada”.